Presentación

Seaga é unha sociedade pública, creada pola Administración Galega para a realización de todo tipo de actuacións en materias forestais, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais en particular e, en xeral, intervencións de carácter urxente relacionadas cos lumes forestais.

Novidades

Presentámoslles a nosa nova páxina web

Alégranos comunicarlles que Seaga estrea a súa nova páxina web, dándolle unha imaxe mais atractiva e visual, a cal pretende poñer á disposición dos usuarios toda a información relativa á nosa empresa para que poidan acceder fácil e rapidamente.